Monday 16 de September de 2024

A expedición ciclista camariñana remata en Vigo a primeira etapa


· Foron recibidos no Concello de Vigo polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

· Mañá saíran desde a cidade olívica cara Porto (Portugal).

Onte, luns 26 de agosto, partiron a primeira hora da mañá, desde a praza da Insuela, os 14 ciclistas camariñáns que percorrerán a ruta ciclista entre Camariñas e Peniche, que, tras 154 quilómetros, remataron en Vigo a primeira etapa.

A expedición foi recibida na casa do concello da cidade olívica polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández. Hoxe volveron a emprender camiño para afrontar a segunda etapa, que xa rematará en terras portuguesas, concretamente en Porto.

Esta iniciativa, organizada polo Concello e o club ciclista PC Baikers do Vilán, levarase a cabo ata o xoves 29 de agosto e ten o obxectivo de reforzar o irmandamento existente entre Camariñas e Peniche desde o ano 2011.

As etapas son as seguintes:

1. 26/08/24: Camariñas – Vigo (154 km).
2. 27/08/24: Vigo – Porto (151 km).
3. 28/08/24: Porto – Figueira da Foz (139 km).
4. 29/08/24: Figueira da Foz – Serra d’El-Rei – Peniche (142 km).